Paga a pena pensar detidamente no deseño do seu xardín xa que é unha parte importante do ambiente do seu fogar. En Viveiros Adoa, S.L. estamos encantados de axudarlle cas nosas ideas e de amosarlle as últimas tendencias para que poida gozar do seu xardín durante moito tempo.
A madeira é unha parte fundamental neste deseño, polo que dispomos de estruturas prefabricadas, perfilería e produtos químicos para protexela e embelecela sendo o único límite a súa imaxinación, de feito incluso podemos construirlle estruturas a medida co acabado que vostede desexe.
A madeira de piñeiro tratada en autoclave baixo alta presión non dá oportunidade aos fungos nin á podredume durante moitos anos. Non fai falla pintar a madeira impregnada. Quizais co tempo colla un tono gris froito da reacción ante os raios solares. Se o desexa pode pintala polo que dispomos dunha ampla gama de produtos para darlle o acabado que mais lle guste. |