Dende o comezo da nosa andaina no ano 2000, pensouse na tenda de animais como un gancho para os más pequechos da casa, coa intención de buscar un nexo entre as necesidades dos pais para arreglar e embelecer os xardíns e os desexos dos cativos por coidar dun ser totalmente dependente deles. Hoxe, despois de oito anos de experiencia observamos que tanto pequenos como adultos senten una atracción especial polos animais; sendo un estímulo que fomenta a responsabilidade nos nenos, así como a sensibilidade nos adultos. Por isto en Viveiros Adoa desexamos seguir fomentando o amor polos animais.
Dispomos ademáis de todo o necesario para o coidado das súas mascotas así como acuarios dende 10 ata 200 litros, para auga quente ou fria, de lámpadas, filtros, aireadores, quecedores, ampla gama de material de decoración, alimentación, medicamentos e correctores para mellorar a saúde do acuario, test de ph, nitratos nítritos, carbonatos, aceleradores enzimáticos para a maduración dos filtros, etc.
Productos:
- Alimentación: perros e gatos (AFFINITY, ROYAL CANIN, BELCANDO), peixes (TETRA, LAGUNA, SERA), tartarugas (TETRA, EXOTERRA, MOLY), iguanas (TETRA, MOLY, EXOTERRA), paxaros (KIKI, TROPICAN, LOLO).
- Gaiolas.
- Comedeiros e bebedeiros.
- Cunas acolchadas e ríxidas.
- Collares, correas, petrales.
- Collares, pipetas e sprays antiparasitarios.
- Xoguetes.
|