Empresa



     Viveiros Adoa é unha empresa con máis de vinte anos de antigüidade no sector. Iniciouse en Sanguiñeda-Mos como unha Comunidade de Bens, e foi transformándose e adecuándose os tempos ata constituir o que hoxe é, unha empresa consolidada no sector e constituída no ano 1997 baixo a forma xurídica de sociedade limitada. Na actualidade posúe tres centros situados nas proximidades da cidade de vigo, cunha superficie total de 35.000m2.

     Nas súas instalacións realízase o ciclo completo de producción, crecemeto e venda; ofrécese todo aquilo relacionado coa xardinería e o paisaxismo, dende un cacto a unha oliveira de 1000 anos de antigüidade, e un servizo integral de deseño, dirección e execución de proxectos.

    Viveiros Adoa ofrece proxectos funcionais, clásicos ou vangardistas, deseños exclusivos que se adaptan ás necesidades e desexos do cliente. A empresa ofrece ademais unha gran variedade de produtos e servizos, posto que se realizan pavimentados, instalacións de sistemas de rega, plantación de todo tipo de árbores ou prantas, construcción de estanques, suministro e colocación de elementos decorativos: fontes, pedras decorativas, mobiliario, etc.

    O cadro de persoal de adoa está formado por persoas altamente cualificadas: enxeñeiros, biólogos, paisaxistas, deseñadores, especialistas en sistemas de rega e iluminación, oficiais floristas, etc. Profesionais que ofrecen sempre unha esmerada atención o cliente.

    Viveiros Adoa conta cun amplo parque móbil, para o transporte de pedidos ata o seu fogar ou empresa, garantindo o coidado e o perfecto estado o chegar o seu destino. Un servizo de transporte para prantas de todos os tamaños, dende un cacto ata a palmeira máis grande que exista.

   

O DÍA 16 FESTIVO EN VIGO (SAN ROQUE) PERMANECEREMOS ABERTOS NO NOSO HORARIO HABITUAL DE 9:00-13:30 E DE 16:00-20:00
1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CANINA E FELINA. ANÍMATE E PARTICIPA!!!!
HUQSVARNA AUTOMOWER - O Cortacéspede Automático
Gustariame...
visitas